VISITA Á UNIVERSIDADE DA CORUÑA




O pasado 31 de marzo o Departamento de Orientación organizou unha visita cos alumnos de 4º de E.S.O e 1º de Bacharelato á Universidade da Coruña.
A visita estivo dividida en catro itinerarios (Enxeñaría e Arquitectura, Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, e Ciencias da Saúde), de maneira que se cubriran os intereses de todos. Os alumnos recibiron información sobre distintas facultades que compoñen a  Universidade da Coruña e puideron resolver as dúbidas que lles xurdiron sobre as diferentes titulacións.